9 may. 2018

Taller de papiroflexia

A ONG Implicadas impartirá mañán un taller de papiroflexia dirixido aos alumnos de 3º de ESO.

8 may. 2018

Conferencia de Xoán Babarro

Mañán, 9 de maio, Xoán Babarro falará da súa obra, Hilario e os tres medos. A charla estará dirixida ao alumnado de 1º de ESO.

Maratón de lectura

Hoxe, dentro das actividades da Semana cultural, temos o maratón de lectura. O tema: Literatura en feminino.

5 may. 2018

Conferencia de Raúl Veiga

https://drive.google.com/open?id=1XSnV12uAMCF5ZruK-h5Ec5LCxgr5L9aV

No luns 7, ás 12:45, teremos a conferencia de Raúl Veiga, Escribir para o cinema, á que está previsto que asistan os alumnos de 1º de bacharelato.
Esta conferencia está incluída dentro do programa "Actividades literarias en institutos" do "Plan de fomento de la lectura" do Ministerio de Educación, Cultura y Deporte.

3 may. 2018

Semana cultural

A nosa tradicional Semana cultural xa está aquí. Hai actividades para todos. Esperamos que teñades ocasión de gozar e aprender.
A festa arrinca mañán, venres 4, cunha conferencia de Marilar Aleixandre. Iremos vos informando, día a día, de todo o que aconteza mais, para vós ir facendo unha idea, quédavos aquí o programa das actividades. Se queres velo mellor, preme na imaxe.
https://drive.google.com/open?id=1HigFR3JfssvhRfDmfUSQgjB9p6WvwxAH

20 abr. 2018

Conferencia: Historia do libro

Luns, 23 de abril, ás 12:45, terá lugar a conferencia de Mercedes López-Mayán Navarrete, Historia do libro. Estará dirixida aos alumnos de ESO de 3ºB, de 4ºB e aos alumnos de 1º B bacharelato.

15 abr. 2018

Conferencia: "Tsunamis, terremotos e inundacións: a Física no cine de catástrofes"

Martes, 17 de abril, ás 16:30, terá lugar a conferencia de Manuel F. Herrador Barrios, Tsunamis, terremotos e inundacións: a Física no cine de catástrofes. Estará dirixida aos alumnos de 2º de ESO.
(c) iStock/Thinkstock